Ir o contido principal
iniciar sesión

Escola de tempo libre 'Fervenza'

Escola de tempo libre 'Fervenza'

As nosas liñas de actuación teñen como referencia a nosa ampla experiencia (de máis de 20 anos) no ámbito do tempo libre; sempre fomentando a formación das persoas, aplicando distintos conceptos da pedagoxía para o ocio. Potenciamos a convivencia e o intercambio de experiencias. As distintas dinámicas de grupos son unha boa base. A nosa aplicación dos programas intenta realizarse sempre do xeito máis práctico posible; de aí que sempre teñamos nos nosos cursos saídas, acampadas ou campamentos, coma o medio máis eficaz de pór en práctica certos contidos.

Dirección: 
Rúa Serafín Avendaño, 5 – 1º
CP: 
36201
Localidad: Vigo (Pontevedra)
Teléfonos: 
606321636
Especialidad: 
Os nosos programas baséanse na formación oficial promovida pola Dirección Xeral de Xuventude, cumprindo cos temarios propostos nos Cursos de Monitores e de Directores de Actividades de Tempo Libre, así como de Directores de Campos de Traballo.