Ir o contido principal
iniciar sesión

Carné Xove

Que é o carné xove?

Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras na Comunidade Autónoma de Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Quen pode facelo? Que vixencia ten?

Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive. A vixencia é de dous anos a partires da data de ex pedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive).

Como facelo?

Cubrir un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6 € mediante o impreso de taxa.

Onde facelo?

O carné xove pódese facer en:

  • Servizos de Xuventude dos Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
    • Departamento Territorial de A Coruña. Servizo de Xuventude e Voluntariado. Rúa Enrique Mariñas, s/n. Edficio Proa, Matogrande. 15009 A Coruña
    • Departamento Territorial de Lugo. Servizo de Xuventude e Voluntariado. Rolda da Muralla, 70. 27001 Lugo
    • Departamento Territorial de Ourense. Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense. Avda. da Habana, 81 baixo. 32004 OURENSE
    • Departamento Territorial de Vigo. Servizo de Xuventude e Voluntariado. Rúa Concepción Arenal, 8-1º andar. 36201 Vigo
  • Oficinas Locais de Pontevedra e Ferrol.
    • Oficina Local de Pontevedra. Rúa Fernández Ladedra, 43-4º andar. 36003 Pontevedra
    • Oficina Local de Ferrol. Edif. Administrativo. Praza Camilo José Cela, s/n, 1º. 15403 Ferrol
  • Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago de Compostela. Ramón Piñeiro, 17-19, Baixo. Santiago de Compostela
  • Oficinas municipais de información xuvenil integradas na rede galega de información e documentación xuvenil
    • OMIX na Coruña: A Baña, A Coruña, A Pobra, Abegondo, Ames, Aranga, Ares, Arteixo, Arzúa, As Pontes, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Cariño, Carnota, Carral, Cerceda, Cesuras, Coirós, Corcubión, Culleredo, Dumbría, Fene , Ferrol, Frades, Irixoa, Laracha, Laxe, Lousame, Malpica, Mañón, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Mugardos, Muros, Narón, Neda, Negreira, Noia, O Pino, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Oza dos Ríos, Paderne, Padrón, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Riveira, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago, Sobrado dos Monxes, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilarmaior, Vilasantar e Vimianzo. Tamén nas Casas de Xuventude de Betanzos, Carballo, Curtis, Noia e Pontedeume. Nas OSIX da Coruña e Ferrol. E no Consello da Xuventude de Santiago, na As ociación Néboa-Neda e na OFAP de Ferrol.
    • OMIX en Lugo: Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Bóveda, Burela, Carballedo, Cervo, O Corgo, Cospeito, Chantada, Fonsagrada, Foz, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte, Monterroso, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pantón, Paradela, A Pastoriza, Pobra de Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Ribas do Sil, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada, Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Xove. Tamén nas Casas da Xuventude de Chantada, Vilalba e Viveiro.
    • OMIX en Ourense: A Bola, A Gudiña, A Merca, A Mezquita, A Peroxa, A Veiga, Allariz, Amoeiro, Arnoia, Avión, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Celanova, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Coles, Entrimo, Esgos, Leiro, Maceda, Manzaneda, Montederramo, Monterrei, Muiños, Nogueira de Ramuín, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Oimbra, Ourense, Pereiro de Aguiar, Piñor, Pobra de Trives, Porqueira, Rairiz de Veiga, Ribadavia, Riós, Rubiá, San Cristovo de Cea, San Xóan de Río, Sandiás, Sarreaus, Verín, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Es padañedo. Tamén na Asociación Española contra o Cancro, na Asociación Xuvenil Don Bosco-“Amencer” e no CIMO de Ourense; no C.D. Rural O Viso de Xinzo de Limia.
    • OMIX en Pontevedra: Agolada, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cercedo, Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía, Vilanova. Tamén nas Casas de Xuventude de Lalín e Vilagarcía e na OFAP162 Escuela Naval Militar de Marín.
  • Nalgunhas oficinas de Caixa Galicia

Máis información en Carné Xove - Xunta de Galicia