Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC organiza, en colaboración coa Facultade de Óptica e Optometría, un obradoiro de prismáticos e telescopios para examinar o ceo nocturno que se desenvolverá o xoves 28 de novembro, e o luns 2 e o martes 3 de decembro en horario de 19.30 a 21.00 horas. A primeira das xornadas desenvolverase na Aula Magna da Facultade de Óptica e Optometría.
  • O Campus Industrial de Ferrol acollerá en 2025, concretamente, o 29 de marzo, a gran final da FIRST LEGO League España (FLL España), un evento organizado pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e o Campus Industrial da Universidade da Coruña en colaboración con Ingeniera Soy baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, o Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia.
  • O Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que este ano chega a súa décima edición, vense celebrando na vila ribadense coa participación dos mellores músicos galegos, nacionais e internacionais da música negra en xeral, tanto de jazz como de blues, soul, funky ou góspel. Polo seu escenario desfilaron figuras da talla de Hiromi, Nicholas Payton, Ray Gelato, Eric Sardinas, Andrea Motis, Marlango, Jorge Pardo, Zenet, Sumrrá, Abe Rábade, etc.
  • O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, da Universidade de Vigo está traballando para conseguir empregar as propiedades da física cuántica e lograr aumentar a seguridade das comunicacións. Neste contexto, acaban de conseguir un importante fito: a primeira canle de distribución cuántica de claves de toda Galicia.
  • O edificio Redeiras da UVigo acollerá a vindeira semana un congreso internacional no que se abordarán os retos actuais do dereito de familia ante unha sociedade máis inclusiva. O evento, organizado por docentes da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, reunirá especialistas galegos e portugueses neste eido para analizar diferentes respostas ante unha nova realidade social.
  • Os VI Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga xa teñen gañadores. Nesta edición, son once os traballos realizados por persoal docente e investigador e alumnado da Universidade de Vigo galardoados. Neles abórdase, en diferentes formatos, temas de alimentación funcional, agricultura e medio ambiente e xestión de recursos hídricos.
  • 'Vigo é moito máis que o centro urbano castelanizado, Vigo é tamén Rorís, A Falcoa, O Freixo, Moledo, Mide, Baruxáns, O Carballal, Redomeira ou Marcosende, o Vigo de sempre onde o galego é aínda a lingua habitual'. Así de categórico se amosou o director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, Xosé-Henrique Costas, na presentación do seu último libro 'A fala de Vigo.Trazos diferenciais da nosa variedade dialectal', unha obra na que se defende que na cidade máis castelanizada de Galicia é posible escoitar o galego pola rúa.
  • A Rede de Centros Singulares de Investigación da USC abrirá, un ano máis, as súas portas á cidadanía o sábado 23 de novembro, co gallo da oitava edición de Ciencia Singular. A cita conta con algunhas novidades nesta ocasión; entre elas, a incorporación do Centro de Investigación Interdisciplinaria en Tecnoloxías Ambientais, que se sumou este ano a CiQUS, CiMUS, CiTIUS e IGFAE como membro da rede CIGUS, que acredita a calidade e impacto da investigación destes centros.
  • A Shanghai Ranking Consultancy, responsable do ránking ARWU, fixo público o seu Global Ranking of Academic Subjects 2024, a clasificación das mellores universidades do mundo en 55 materias de investigación. Nel, a UVigo sitúase como primeira universidade española en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e en Oceanografía, empatada neste último caso coa Universidad de Las Palmas de Gran Canaria.
  • Medir as diferencias entre a oscilación de neutrinos, partículas cuxa masa é cando menos un millón de veces inferior á do electrón, e antineutrinos, as súas réplicas de antimateria, para contribuír ao avance do coñecemento do universo. Este é o obxectivo do experimento DUNE (Deep Underground Neutrino Experiment, polas súas siglas en inglés), o proxecto internacional máis ambicioso e avanzado ata a data para o estudo dos neutrinos.