Ir o contido principal
iniciar sesión

Novas

  • O festival Espazos Sonoros 2018 celebra do 1 de setembro ao 7 de outubro a súa undécima edición cun programa de oito concertos en espazos singulares do patrimonio galego. A música, a arquitectura e a paisaxe volven ser protagonistas deste ciclo promovido pola Consellería de Cultura e Educación e que este ano propón un achegamento a edificacións históricas dos concellos de Ribeira, Sobrado, Baiona, Amoeiro, Foz, Castrelo de Miño, O Incio e Muxía, a través dunha programación musical que tamén inclúe andainas, visitas guiadas e obradoiros.
  • A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial de Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe xunto ao bispo da Diocese de Lugo, Alfonso Carrasco, o programa de apertura de igrexas no Camiño de Santiago. Grazas a esta iniciativa de colaboración entre o Goberno galego e as entidades eclesiásticas, numerosos templos de diversas rutas xacobeas abrirán este verán. Ao proxecto súmase tamén o existente coa Arquidiocese de Santiago de Compostela, o que permite que os viaxeiros se acheguen ao rico e variado patrimonio cultural existente no Camiño de Santiago.
  • As tres universidades galegas ofertarán por primeira vez o vindeiro curso 2018/19 catro graos en inglés. Así o avanzou na Comisión 4ª do Parlamento o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, quen detallou os títulos que estrearán este formato: Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña; Grao en Química da Universidade de Santiago; e Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías de Telecomunicación e Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais, ambos da Universidade de Vigo. Esta acción enmárcase no decálogo de medidas do Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia (SUG), para o trienio 2018-2020.
  • As Visitas Astronómicas volven este verán á Cidade da Cultura, convertendo o monte Gaiás nun observatorio privilexiado do ceo nocturno de Compostela. Durante os sábados do verán realizaranse sesións de observación astronómica –de balde previa inscrición– nas que gozar a un tempo da maxia das estrelas e da arquitectura do complexo de Peter Eisenman. A través de telescopios e prismáticos e seguindo as explicacións técnicas de monitores, as persoas asistentes observarán a lúa, os planetas, estrelas dobres ou nebulosas, aprendendo ademais, valéndose dun planisferio, a identificar as constelacións á primeira ollada.
  • Na Cidade da Cultura actuaron máis de medio milleiro de músicos dentro do III Festival de Bandas infantís e xuvenís de Galicia, organizado pola Federacíón Galega de Bandas de Música Populares, interpretando todos xuntos o Himno Galego, despois de que o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proclamara que estas bandas 'están na nosa identidade como pobo'. O Festival está organizado pola FGBMP, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Agadic e a Fundación Cidade da Cultura, e a colaboración de Tolemias.
  • Xa na 10ª edición, esta iniciativa pretende dinamizar a actividade cultural nos concellos da provincia, a través de 109 actuacións desde este sábado ata o 30 de novembro. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto destacou que “con esta iniciativa promocionamos o teatro afeccionado da provincia, e dinamizamos cultural, social e economicamente os concellos lucenses, especialmente os do rural”
  • No Día internacional contra o uso indebibo e o tráfico ilícito de drogas, chámase a sumar esforzos na loita contra o narcotráfico
  • O proxecto está elaborado polo Instituto de Estudos do Patrimonio, e inclúe 56 etapas da Senda dos Faros, 109 itinerarios con valores naturais, 76 camiños con valores patrimoniais e 25 rutas con valor panorámico
  • Núñez Feijóo ven de intervir na Comisión Sedec sore o cambio demográfico en Europa, demandando que todas as administración se impliquen nunha política democráfica coordinada, ambiciosa e a largo prazo. E xaque as políticas públicas son só ferramentas para reverter a tendencia demográfica, recalca a necesidade de que a sociedade europea en conxunto impulse tamén un cambio cultural neste eido.
  • Las ayudas del nuevo programa de apoyos de la Xunta para facilitar a los autónomos el relevo generacional se pueden solicitar hasta el próximo 30 de septiembre. El Diario Oficial de Galicia acaba de publicar la convocatoria de esta iniciativa para facilitar la transmisión en los negocios de los trabajadores por cuenta propia próximos a la jubilación, identificando las condiciones óptimas para el traspaso. La finalidad de este nuevo programa es, por lo tanto, la concesión de ayudas económicas para la realización de un relevo generacional ordenada en los negocios de los autónomos. En la actualidad, más del 30% de los autónomos gallegos se sitúa por encima de los 55 años.