Ir o contido principal
iniciar sesión

Carnet Máis

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.*,v.weight AS v_weight_unused FROM term_node r INNER JOIN web68db1.term_data t ON r.tid = t.tid INNER JOIN web68db1.vocabulary v ON t.vid = v.vid WHERE r.vid = 785 ORDER BY v.weight, t.weight, t.name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 640.

carnet mais galicia
Para moz@ entre 26 e 30 anos
GOZA DAS VANTAXES MÁIS EN GALICIA
(ver CARNET XOVE)

 

GOZA DAS VANTAXES MÁIS EN GALICIA

Gustaríache acceder a un montón de servizos coma viaxes, deportes, música, moda, cursos?, ou se aínda non tes o carné de conducir..., poderás favorecerte destes servizos e de moitos outros cunha morea de vantaxes para ti, en Galicia, con só ter o carné máis nas túas mans.

QUE NECESITAS?

Ter entre 26 e 30 anos (ambos inclusive), cubrir o impreso da solicitude, levar unha foto tamaño carné, unha fotocopia do teu DNI e pagar previamente 6 euros.

ONDE CONSEGUILO? 

En calquera sucursal de Caixa Galicia. Alí poderás escoller entre o modelo combinado (carné máis e tarxeta bancaria) ou o modelo clásico, é dicir, que non teña activada a banda magnética.

QUE VALIDEZ TEN?

O carné ten unha vixencia de dous anos.

ONDE O PODES USAR? 

En Galicia naqueles establecementos que veñen recollidos na Guía do carné máis. En calquera sucursal de Caixa Galicia. Alí poderás escoller entre o modelo combinado (carné máis e tarxeta bancaria) ou o modelo clásico, é dicir, que non teña activada a banda magnética.

QUE SERVIZOS CHE OFRECE?

Polo feito de facelo tes un seguro de asistencia en viaxes

Poderá participar en todos os sorteos que se fagan dende a Dirección Xeral de Xuventude.

Unha páxina web na que terás acceso a un correo electrónico gratuíto, a guía de servizos, ofertas puntuais dos establecementos e toda a información dos programas e actividades da Dirección Xeral de Xuventude.

Internet: www.xuventude.net