Ir o contido principal
iniciar sesión

A Asociación Xuvenil Xe organiza o 8º Rastreo Xe

O vindeiro venres 18 de marzo a Xe organiza o 8º Rastreo Xe en Xinzo (Ponteareas), unha proba nocturna na que os equipos participantes non deben temer a nada e demostrar, entre outras cousas, a súa axilidade e traballo en equipo.


Os participantes deberán estar na saída, perfectamente sinalizada dende a N-120, que estará situada no Torreiro de Parada e a meta no Centro Cultural Xinzo.


O horario para a inscrición dos equipos será de 23.00 a 23.45 horas, e a saída do primeiro equipo participante será ás 00.00 horas.


Os participantes non socios da Xe, pagarán 1 € en concepto de inscrición.


A organización recomenda levar lanternas, sendo convinte que estean suficientemente cargadas, así coma roupa cómoda para andar polo monte.


Ao rematar o rastreo a Xe sorteará camisetas do Rastreo ademais de invitar aos participantes a Chocolate quente con rosca e bica, que se servirá no Espazo Xe do Centro Cultural Xinzo.


O Rastreo Xe conta coa colaboración do Centro Cultural Xinzo e a Comunidade de Montes de Xinzo.


Máis información no teléfono 699.921.062.

Roberto Leandrez Represas