O IV International Day da USC, punto de encontro das culturas do mundo

A gastronomía, a cultura, o nivel adquisitivo, os estudos, os idiomas... cuestións todas que espertan dúbidas entre o alumnado e que lle despexaron outros estudantes chegados de África, Europa, América e Asia que están estudando na Universidade de Santiago.
A Facultade de Xeografía e Historia converteuse así nunha feira internacional na que estudantes chegados de todos os lugares do mundo avanzaron algunhas das experiencias que se poden vivir en Irán, Vietnam, Armenia, Xapón, Tunicia, Chile, Tíbet, Andorra, Albania, Brasil, China, México, India, Reino Unido ou Turquía, entre outros moitos países.
A vicerreitora de Internacionalización da USC, Almudena Hospido, foi a encargada de inaugurar este encontro nun acto ao que tamén asistiron a subdirectora xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica, María Jesús Nieto Tallón, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)