Ir o contido principal
iniciar sesión

A USC convoca o I Concurso de Microrrelatos en Galego a través de Facebook

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Humanidades convoca o "I Concurso de microrrelatos a través de Facebook", dirixido ao alumnado da USC.

Un xurado decidirá o primeiro premio, de 200 EUROS. Tamén haberá un premio do público, de 100 EUROS para aquel microrrelato que máis “gústame” consiga ata as 14 horas do día 8 de abril. COMPARTEO!

► Os microrrelatos, en lingua galega, terán como tema o feito de contar e unha extensión máxima de 100 palabras.

► Para participar cómpre pegar no muro de Facebook da Facultade de Humanidades un microrrelato en lingua galega entre o 1 de marzo e o 1 de abril de 2016, ambos os días incluídos, xunto co cancelo ‪#‎MicrorrelatosHumanidades2016‬.

► Poderá concorrer a este concurso calquera membro do alumnado da USC durante o curso 2015-2016, que sexa seareiro do Facebook da Facultade de Humanidades mediante a opción “Gústame”.

Os obxectivos con que convoca este premio son:

● Promover o uso do galego como vehículo para a creatividade dos estudantes da USC, co apoio das novas tecnoloxías.
● Fomentar os dotes literarios do alumnado da USC.

Este concurso conta co apoio técnico do Servizo de Normalización Lingüística.

Podes acudir á páxina do SNL para máis información:
http://www.usc.es/snl/dinamizacion/microrrelatos.html

e se queres ver as bases completas do concurso en PDF visita a seguinte ligazón:
http://www.usc.es/…/din…/descargas/microrrelatosfb_bases.pdf
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela