Ir o contido principal
iniciar sesión

Somos a curta! volverá premiar humor e lingua en 2016, na súa quinta edición

O alumnado das tres universidades galegas, do bacharelato artístico e das diferentes escolas de Imaxe e Son de Galicia poden participar xa na quinta edición do Certame de curtas de comedia ‘ Somos a curta!’, que estende ata o 12 de outubro o prazo para presentaren as súas pezas audiovisuais de 10 minutos como máximo, co humor como piar e en lingua galega.

O V Somos a curta! da Facultade de Ciencias da Comunicación e co que colabora o Servizo de Normalización Lingüística da USC está dotado con dous galardóns de 450 e 250 euros, respectivamente, para os dous proxectos mellor valorados polo xurado. Ademais, farase entrega dun premio á curta que acade unha mellor acollida entre o público asistente á gala de finais de outubro.

Na web do concurso pódese acceder á información sobre as edicións anteriores e visualizar curtas gañadoras en pasadas edicións: Longa noite de verga (2011), Chapeau, Por Couso, Familia (2012), Santiago de Compostela 2014 e Loita de clases (2013), Laranxa e media e Quérote tal e como son (2015).

Máis información en: http://www.usc.es/gl/servizos/snl/dinamizacion/somosacurta2016.html
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)