Ir o contido principal
iniciar sesión

Palimoco e Lucecús abren as ‘performances’ en escaparates do XXIII Festival de Teatro Universitario

Os actores Carlos Díaz, en representación da compañía Palimoco Teatro, e Anxo Lamelo, de Lucecús Teatro, abriron a quenda de ‘performances’ programadas en diversos escaparates de establecementos comerciais da cidade a xeito de actividades previas complementarias do XXIII Festival de Teatro Universitario de Lugo, un certame de carácter universitario, aínda que aberto a todo o público que presentará na capital luguesa do 21 ao 27 de marzo as creacións artísticas de sete compañías teatrais.

As intervencións en escaparates organizadas como previa deste certame e que a través das que a USC pretende poñer en valor o traballo das compañías profesionais de teatro existentes na cidade de Lugo, continuarán con esta quenda de representacións en espazos comerciais e urbanos ata o martes 21 de marzo.

Teatro do Miolo actúa o venres 17 de marzo, en quenda de tarde, en Duendecillos, mentres que os actores de Polimoquiños e Espazo 10 Teatro farán a súa intervención o sábado no fondo da Praza Maior de Lugo. A formación Yazabro pechará o martes 21 esta serie de intevencións teatrais con dúas actuacións matinais na Librería Biblos e na Librería Trama. Pódese obter máis información desta programación en www.lugocultural.es.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)