O 28 de abril remata o prazo para participar no concurso de vídeos na rede Youtubeir@s

Na actualidade xa se poden ver na canle de Youtubeir@s as candidaturas presentadas. Na categoría de vídeo-facermos poden visualizarse dende receitas de cociña ata vídeos sobre como quitar os puntos negros do nariz ou como facer pasta de dentes para elefantes. Na de vídeo-opinarmos as propostas abordan temas tan diversos como a praga da couza guatemalteca, o amor na rede ou o deporte adaptado, entre moitos outros. O xurado que compoñen Manolo González, María Lado, Manuel N. Singala, María Yáñez e Pablo Lamosa xa comezou o seu traballo de visionado das pezas.
Youtubeir@s é unha iniciativa dos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, así como das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela