Ir o contido principal
iniciar sesión

Banda Crebinsky presenta o seu último traballo, Zirkus Affe, no marco do ciclo Lubicán

O concerto de Banda Crebinsky comeza ás 21.00 horas e está encadrada dentro da programación cultural organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da Deputación e do Concello de Lugo, así como da USC.

‘Zirkus Affe’ é un traballo pensado para os directos no que Banda Crebinsky experimenta non poucos cambios respecto dos primeiros pasos dados na escena musical por unha formación nada hai xa sete anos. Este traballo abandona un pouco os ritmos balcánicos que caracterizaron de sempre o traballo musical desta orquestra popular, que, nesta nova entrega, camiña cara o mundo árabe, aínda que cunha maior presenza de temas en galego.

Neste terceiro traballo, Banda Crebinsky deixase levar, como eles mesmo din, “pola música sen pasaportes”. Aínda así, este grupo non renuncia á súa formación de oito músicos en directo, capaces de ofrecer un contundente directo no que convidan ao público a involucrase na súa viaxe musical.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela