Ir o contido principal
iniciar sesión

Presentado 'O Marisquiño' de Vigo, cun cartel musical con máis de 20 propostas

Ademais, no Marisquiño volverán ocupar un lugar destacado outras propostas como o break dance ou o graffiti.

A organización agarda que máis de 160.000 persoas gocen desta programación, que dota O Marisquiño dunha marca con personalidade propia como a gran cita coa cultura urbana do norte peninsular.

Na súa oferta musical, que inclúe concertos e sesións DJ de acceso gratuíto, teñen unha gran presenza os artistas de Galicia, de onde proceden máis da metade dos que conforman o cartel desta edición. Así, na praza da Estrela actuarán TR3S (Santiago de Compostela), Jas Processor (Cangas), Banana Bahía Music (Vigo), Overdose DJ’s (Vigo) e Lopes (Camariñas). No peirao de transatlánticos estarán Nave Nodriza (A Coruña), DJ Morcego (Santiago), Playa Desmayo (A Coruña), DJ Juan (Vigo) e Kings of the Beach (Vigo), mentres que os concertos de Presumido (Vigo) e Mounqup (Ourense) terán lugar no Espazo Mahou.

Completan este cartel propostas chegadas doutros puntos da península, como as de Galera, Killimanjaro, Trono de Sangre, Airaboi, 7 Notas 7 Colores, Grotèsque, Willis Drummond, Dj Pegatas ou Aries.
O Marisquiño