Ir o contido principal
iniciar sesión

O Festival Arteficial xa ten novo cartel e presenta as 9 bandas confirmadas que actuarán na súa XI edición, o día 2 de Setembro de 2017

O festival celebrarase dende as 12:00 da mañá ata ás 2:30 da noite en 4 escenarios. Ademais teremos unha zona de mercado alternativo, “o Mercado das Sementes”, onde será posible atopar dende revistas e comics ata roupa; e zona de xantar, con polbo, comida para vexetarianos, vegana e apta para celiacos, hamburguesas de tenreira galega e outros produtos da zona. Ainda que a entrada será gratuita haberá un posto da Cruz Vermella do Ribeiro para posibles donativos (productos non perecedeiros e para a hixiene dos mais cativos) que a xente queira deixar.

As bandas xa confirmadas para esta nova edición son:

• BLAAK HEAT (EE.UU):
Formado en París, Francia polo guitarrista Thomas Bellier (ex-Spindrift) en 2008, BLAAK HEAT trasladouse a Los Ángeles en 2012 coa axuda do baterista do condado de Orange Michael Amster (tamén Sinner Sinners). Únense aos músicos Guillaume Theoden no baixo e Nicolas Heller á guitarra (Abrahma). A banda realizou grandes xiras, presentando máis de 200 espectáculos en 21 países diferentes e aparecendo en importantes festivais internacionais como Levitation Austin (USA) e Reverence Valada (Portugal). BLAAK HEAT acaba de lanzar o seu terceiro disco, Shifting Mirrors, producido polo gañador do Premio Grammy Matt Hyde (Slayer, Monster Magnet, Deftones) en Svart Records e TeePee Records. O álbum foi chamado "un novo estándar para unha nova xeración" (PopMat-ters) e "case demasiado bo para ser certo" (Loudwire).

• First Breath After Coma (Portugal). Este ano o disco ”Drifter” (2016) destes portugueses está nomeado a mellor álbum europeo de música independente Impala Impala - Independent Music Companies Association. Nel únense a influencia post-rock co formato canción, facendo del unah sorpresa auspiciosa que foi o incio dunha viaxe que agora xa ten un segundo capítulo.

• Soledad Velez (Chile/Valencia). Esta cantante, músico e compositora chilena, afincada en Valencia é a primeria confirmación do Arteficial. No seu último disco “Dance and Hunt”, con SUBTERFUGE RECORDS, incorpora sons electrónicos ao seu folk escuro, creando un trance místico e hipnótico que engancha pero ben.

• MOW (Madrid). É o proxecto musical de Gabriela Casero, unha rapaza madrileña de voz aterciopelada que combina elementos de pop e electrónica nunha proposta de desbordante personalidade.

• Solo Astra (Madrid). . Estes canarios afincados en Madrid irrumpen no circuito de rock psicodélico chamando a atención de moitos medios. No seu primeiro disco “Exofase”, brilla unha mestura de sonoridades como as de King Crimson, Pink Floyd ou Tame Impala.

• Los Bengala (Zaragoza) son un rudimentario tándem formado por Guillermo Sinnerman (voz/guitarra) e Borja Téllez (voz/batería). Únicamente dous instrumentos e as súas voces. Únicamente ritmo e machetes. Cancións curtas, concisas, que buscan o festexo de quen as escoita. Co seu celebrado álbum debut "Incluso Festivos", publicado conxuntamente por Dirty Water Records de Londres e Wild Lion Records, deron un golpe sobre a táboa e conságranse como unha das bandas de rocanrrol máis estimulantes. Los Bengala non teñen inventado nada novo pero o certo é que non hai nada máis que sone como eles. Os simples e poderosos acordes de Guillermo na guitarra, respaldados polos complexos ritmos do baterista Borja e ambos a coro na voz principal, crean unha enerxía totalmente irresistible. The Guardian, un dos xornais máis grandes, antigos e recoñecidos do Reino Unido nombrounos como unha das bandas máis relevantes na escena do rock’n’roll.

• The Phantom Dragsters (Ourense). Desde unha praia oculta en Ourense chega este trío formado por Diego Stringbreaker (guitarra) David Lone Crusher (Baixo) e Abraham Nitro Bandit (Batería) que executando un surf instrumental de alto octanaxe. O seu tema “bikini Beach” (2015), foi seleccionado como un dos mellores do ano 2015 por Diego Rj no programa “El Sótano de Radio 3”.

• Druso (Ourense). É a nova aposta de SubterfugeRecords para 2017, un músico novo, cantante, compositor, multi instrumentista e letrista galego. Comenzou a facer música no instituto, case obsesionado cos grupos noventeiros como Pavament, Sonic Youth, Yo la Tengo, etc... Pasou por moitas bandas de todo tipo dende música experimental ate folk pero sempre apoiando proxectos de outras persoas (Marem Ladson, Os Amigos dos Músicos).

• MØURΔ (A Coruña): A MØURΔ é un dos seres mitolóxicos de orixe prerromana máis fascinantes do folclore galego. Fonte de múltiples lendas, a MØURΔ é portadora de poderes sobrenaturais e figura inspiradora para cinco druídas cósmicos que renden culto á liserxia pangalaica en forma de longas improvisacións, melodías psicodélicas, cantos pastorais e ritmos tribais envoltos en ecos de tempos pasados. A carón de ríos, pontes, pozos, cavernas e antigos lugares de culto, a MØURΔ peitea os seus longos cabelos louros coma o ouro ou negros coma a noite, a primixenia dualidade universal tamén presente na súa música.
- DIEGO VEIGA (Lüger, Jet Lag, One Of These Days & THRTCLab.)
- HUGO SANTEIRO (Ictus, Guerrera)
- PEDRO ALBERTE (Saharah, Julius)
- FERNANDO VILABOY (Elephant Band, Fogbound, One Of These Days & THRTCLab.)
- LUIS CASANOVA (Guerrera, Holywater)


• Bliusvai (Vigo/Portugal). É un proxecto artístico de música ecolóxica. A voz, coma elemento primitivo e ancestral, ten unha infinita capacidade para xerar texturas, e aquí constrúe os elementos melódicos e harmónicos básicos dunha sonoridade que convive cunha escenografía en sinerxia coa propia música. Bliusvai representa o renacer do ser humano a través da pedra, a auga, a terra, a area e o vento da voz que o leva...www.bliusvai.com
Música: Rubén Fernández. Dirección artística: Macarena Palacios
Performance:
-Voces, beatbox e loops: Rubén Fernández
-Violín,teclado e voz: Margarida Olivé
-Loops,electrónica, baixo e voz: Esteban Varela

• Juana Chicharro (Vallecas):
A nova Martirio, a faraona da Celsa, Val do Kas e o Pozo do Tío Raimundo, a diva da xeringuiña do mercado dos xoves, a treboada marbellí… Son moitos os apodos que recibiu Juana Chicharro durante máis dunha década nos escenarios, pero ningún fai verdadeira xustiza ó seu legado.
Copla-punk? Garaxe aflamencado? Rock urbán de raíz? Tal vez tampouco esta vez funcionen as etiquetas. Hai rock & roll, abofé, pero ningún atisbo de ortodoxia. A Juana e os seus escudeiros (Roberto, Cecilia e Miguel), as cancións sáenlles como lles saen: ás veces melódicas, outras ruidosas, pero sempre con personalidade. Non hai trampa nin cartón, nin exercicios de estilo.
Resumindo: versións dos The Cramps, mestura entre Texas Terri e Juanita Reina. En serio vola ides perder??

Festival conta entre os seus patrocinadores e colaboradores oficias co apoio de San Miguel, Gran Reboreda Morgadio, Bodegas Lodeiros, Deputación de Ourense, Concello de Ribadavia e Xunta de Galicia (Cultura).Colaboraremos tamén con entidades como a Cruz Vermella O Ribeiro (recollida de alimentos e productos de hixiene básica para as e os mais desfavorecidos) e co colectivo “Mascotas Perdidas Do Ribeiro”.
Festival Arteficial Ribadavia