Ir o contido principal
iniciar sesión

As Feiras do Libro de Galicia pechan en Monforte de Lemos a edición de 2017

Ditos títulos poderán adquirirse cun 10% por cento de desconto. A oferta da feira complétase cunha programación de máis dunha vintena de actividades. As sinaturas e presentacións de libros centran as propostas desta última parada das Feiras do Libro de Galicia, que contará coa participación de autores e de autoras como Isidro Novo, Xián Alcayde, Roberto Vila, Sonia María García, Estefanía Padullés e Xulio López Valcárcel, entre outros.

A poeta Yolanda Castaño será a encargada de ler o pregón na inauguración da feira, que comezará hoxe ás 19,00 horas e que contará co acompañamento musical da Banda de Gaitas de Monforte de Lemos.
Feiras do Libro de Galicia