Ir o contido principal
iniciar sesión

'Survival zombie': na procura da fórmula contra a praga de mortos viventes que pode arrasar coa humanidade

“As persoas participantes deberán ir pasando unha serie de obstáculos terroríficos en equipos de catro persoas”, adiantaba a concelleira Sofía Godoy, na presentación. Trátase, en calquera caso, de “pasar unha noite de terror e pasalo de medo”, dixo.

“A mocidade ten capacidade organizativa e de xestión para facer cousas interesantes por esta cidade,” comentaba Alberto Núñez, de Xogón, organizador do evento. Pódese anotar calquera persoa con ganas de participar e de divertirse: recibirán un kit de supervivencia á súa chegada e haberá un grupo de voluntarios axudando a maquillar a todos os asistentes. No caso dos menores de idade, deberán achegar un documento asinado por un titor legal, e deberán estar sempre acompañados por unha persoa maior de idade no desenvolvemento dos xogos.
A autoría do cartel é, coma nas últimas ocasións, de Héctor Pérez Cortizo.

O evento comezará ás 19:30 horas, aínda que o parque Beiramiño estará preparado desde a mañá para o evento, e durará até pasada a media noite.
Concello de Ourense