Ir o contido principal
iniciar sesión

O ránking Times Higher Education 2019 destaca a USC pola súa dimensión docente e índice de citacións

Ditas misións son as seguintes: : ensinanza (30% do valor da nota global), investigación (30%), citacións (30%), transferencia de coñecemento (2,5%) e a perspectiva internacional (7,5).

Os mellores resultados da institución compostelá están asociados cos indicadores relativos a ensinanza, en base a cuxo indicador a USC emprázase na posición 529 das mellores universidades do mundo, seguido polo índice de citacións, na posición 574. Pola súa dimensión docente, a USC xa fora destacada o pasado xullo cando o mesmo ránking a situaba na posición 101-125 de entre o conxunto das mellores universidades europeas. Para esta clasificación continental THE tomou en consideración os resultados dunha enquisa entre máis de 30.000 estudantes universitarios, aos que se lles formularon preguntas sobre si a ensinanza recibidas apoia o pensamento crítico, se as clases os desafían ou sobre si teñen a oportunidade de interactuar co persoal docente, entre outras cuestións.

O ránking THE preséntase a si mesmo como “as únicas táboas de rendemento global que xulgan as universidades en todas as súas misións principais” en base 13 indicadores de rendemento. Españolas atópanse incluídas un total de 38 institucións, de entre as que a de Santiago sería a décimo segunda. Para a súa elaboración Times Higher Education utiliza tanto datos cuantitativos, como por exemplo a produción científica recollida por Elsevier, como os procedentes dunha enquisa de reputación académica.
Universidade de Santiago de Compostela