Ir o contido principal
iniciar sesión

A Coruña acollerá 'The Hole Zero', un espectáculo de cabaré, circo e humor centrado na música disco

“Cremos que ​The Hole Zero terá moi boa acollida, logo do grande éxito, tamén no Coliseum, dos dous espectáculos anteriores”, observou Sande, quen sinalou que o recinto municipal terá, precisamente, “un ano frutífero” en canto a citas, como a do músico Mark Knopfler ou Il Divo, entre outras. “O Coliseum está a reforzar a súa marca como recinto e converte á Coruña nunha parada obrigatoria de espectáculos coas artes e música de protagonistas”, apuntou.

O titular da área de Culturas estivo acompañado na presentación pola Mestra de Cerimonias, La Terremoto de Alcorcón --quen xa exerceu este mesmo papel no espectáculo orixinal-- e Carlos Alexandre, responsable da xira, da que lembra que xa conta con máis de 300.000 persoas como espectadoras. “Sen dúbida ​The Hole Zero ​é o paradigma do cabaré moderno e actualizado”, sinalou Alexandre.

Pola súa banda, La Terremoto de Alcorcón sinalou que ​The Hole Zero ​aborda a orixe da historia de amor entre o Mestre de Cerimonias e unha rata, que é o eixe que percorre os dous espectáculos anteriores. “O Coliseum converterase na discoteca Studio54. Contaremos coa música que nos acompaña nas nosas festas e lembranzas, desde Barbra Streisand, Raphael, Los Pecos ou Donna Summers”, afirmou a artista, que estará en todo momento sobre o escenario. “Tanto o elenco que participa como os números serán espectaculares”, aseverou a actriz.
Concello da Coruña