Ir o contido principal
iniciar sesión

Teatro do Noroeste presenta a súa última montaxe baseada en textos de Valle-Inclán 'Da avaricia, a luxuria e a morte'

O vindeiro sábado 23 de febreiro ás 20:30 horas Teatro do Noroeste presenta no Teatro Rosalía Castro da Coruña a súa última montaxe 'Da avaricia, a luxuria e a morte', baseada nos textos de Valle-Inclán: ‘Ligazón’, ‘A cabeza do Bautista’ e ‘A rosa de papel’, as entradas están á venda nas canles habituais.

Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Inma António e Miguel Pernas protagonizan a montaxe baixo a dirección de Eduardo Alonso. Sobre o escenario están tamén os músicos Bernardo Martínez –quen asina tamén a composición- , Xan Casas e Felisa Segade, cantante de Leilía que pon voz ás cancións do espectáculo enchendo a escena de emoción-.

Un espazo escénico sinxelo e baleiro outorga toda a forza aos textos do autor vilanovense. A aposta da compañía é a de renderse ao teatro puro, contundente e rotundo ‘a reflexión sobre os textos levounos a concibir un espazo escénico baleiro, desprovisto de elementos e maquinaria. Un teatro nú no que cada peza se relaciona estéticamente cun elemento primario: vento, terra ou lume’, afirma o director da montaxe Eduardo Alonso.
Teatro do Noroeste