A Universidade da Coruña trae a Galicia ao experto internacional en ciberseguridade David Finn

O relatorio, que se impartirá en inglés con tradución simultánea, está aberto ao público en xeral é de balde pero con aforo limitado polo que é necesaria a inscrición previa na web do CDTIC ou mediante a súa aplicación dispoñible nas plataformas Android e iOS, así como a través do correo electrónico cdtic@xunta.gal
Sobre David Finn
David Finn é doutor en dereito pola Universidade de Harvard e experto en ciberseguridade, foi fiscal federal na cidade de Nova York e estivo traballando durante 16 anos dirixindo equipos de loita contra o cibercrime en Microsoft. Actualmente, é director executivo de CleanApps.org, unha organización que promove desenvolvemento responsable de apps, así como a privacidade e seguridade dos consumidores.
O 21 de marzo na Coruña
O programa de David Finn en Galicia complétase con outro seminario sobre ciberseguridade, de carácter máis técnico, que se celebrará na Coruña o día 21 de marzo, de 18:30 a 19:45 horas , baixo o titulo A new approach to cleaning up the internet: and what cybersecurity companies, developers, and non-profit institutions must do to make it happen. Este seminario está organizado polo Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento (GCD) xunto ca Cátedra R en Ciberseguridade UDC-UVigo, a Cátedra Luis Fernández Somoza para a internacionalización dos estudos de economía e empresa da UDC e a Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
O seminario terá lugar na Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña, A Coruña e terá prioridade para asistir o alumnado de doutoramento e dos mestrados de Innovación e Administración de Empresas, así como empresas e especialistas en ciberseguridade.
Centro Demostrador TIC
O CDTIC, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), é unha iniciativa que promove a transformación dixital das pemes de Galicia como factor chave para mellorar a súa eficiencia e competitividade. Así, a través de distintos servizos e actividades, o CDTIC amósalles ás empresas a importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a incorporación das tecnoloxías.
Universidade da Coruña