Ir o contido principal
iniciar sesión

O Festival de Jazz de Primavera de Ourense chega á súa edición número 23

Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello a presentación do certame, na que participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, xunto con Eduardo Rodríguez, responsable de Café Latino e Marco Vázquez, da Fundación Florencio Álvarez.

Será unha edición con ampla presenza de jazz flamenco, da man de Diego Amador, ou dos tríos formados por Antonio Serrano, Josemi Carmona e Javier Colina, así como por este último acompañado por El Bola e Bandolero: un ano máis actuarán en Ourense recoñecidas figuras do jazz internacional, coma os saxofonistas Benny Golson e Charles McPherson, o trío que forma Dean Brown con Dennins Chambers e Hadrien Feraud, ou pianista Benny Green, unha figura emerxente como é a pianista e vocalista Sarah McKenzie, e músicos galegos da talla de Pablo Castaño, Víctor Prieto e Abe Rábade. Todos eles actuarán no Café Latino e as entradas se poderán adquirir desta tarde no propio local.

O certame terá unha das súas citas estelares o venres 3 de maio, cun concerto ao aire libre que ofrecerán The Blues Giants na praza de Santa Eufemia. Unha formación integrada por un elenco de estrelas dentro do mundo do blues; Jimi Bott, Willie Campbell, Sugaray Rayford, Albert Castiglia e Nick Schnebelen, que de seguro fará as delicias dos aficionados a este estilo e amantes da música en xeral.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, salientou a importancia do Festival de jazz de Primavera de Ourense: “unha cita ineludible do panorama musical español” que -dixo- “lle achega á cidade un valor engadido. É evidente que temos un festival de jazz que para si quixeran en moitas cidades. E o que é máis importante: temos un certame consolidado e sólido que cada ano enche de talento a nosa cidade e proxecta a Ourense cara ao exterior”, subliñou.
Neste sendo, manifestou: “Ourense ten un potencial cultural inmenso que debemos apoiar de xeito firme e decidido. Facémolo aunando a iniciativa privada, xerme deste festival, coa colaboración institucional, e así apostamos pola música como motor cultural, turístico... en definitiva, a música como motor económico”, asegurou Jesús Vázquez, quen felicitou o excelente traballo da organización deste festival por parte de Café Latino e Fundación Florencio Álvarez, xunto co Concello.
Concello de Ourense