A Mesa presenta en 'Viñetas desde o Atlántico' o libro 'O tempo cronolóxico', con ilustracións de Xulia Vicente

Xulia Vicente (Cariño, 1993) estudou Belas Artes en Valencia, onde reside dende entón. Dende 2016 publica varios traballos de banda deseñada, como Anna Dédalus: El misterio de la mansión quemada (Andana Editorial), con Miguel Ángel Giner Bou e Núria Tamarit; Duerme Pueblo (Ediciones La Cúpula), de novo xunto a Núria Tamarit; e as dúas primeiras partes da triloxía Sello de Dragón (Sallybooks) con guión de Manuel Gutiérrez. Colabora, ademáis, en revistas e fanzines tanto nacionais coma internacionais, como 2000AD, Xiulit, Nimio ou Sacoponcho. Actualmente adícase á ilustración mentres continúa a traballar na última entrega da mencionada triloxía de fantasía xuvenil.
A Mesa quere contribuír con esta liña de publicacións a suplir a escaseza de materiais didácticos en galego para a etapa de 3 a 6 anos, fronte á grande cantidade de recursos existentes en castelán e en inglés, sobre a que alertou no Estudo sobre a educación infantil de Galiza de 3 a 6 anos. Curso 16/17, que se pode descargar no portal web da Mesa (ligazón). Os poucos materiais didácticos que existen para esta etapa débense ao compromiso das e dos educadores e mais á iniciativa social ou privada e dalgúns concellos, sen que haxa respaldo e promoción por parte da Xunta, que se desentende de poñelos a disposición das escolas. Isto supón un agravio comparativo, posto que o profesorado que queira traballar na nosa lingua coa cativada ten que elaborar os seus propios materiais.
A Mesa pola Normalización Lingüística