Ir o contido principal
iniciar sesión

O ciclo Clube Estrella Galicia chega á súa cuarta edición apostando polo talento musical galego

Nesta liña, Víctor Mantiñán, Responsable de Patrocinios Musicais de Estrella Galicia, salientou que “este ciclo serve para efatizar que Estrella Galicia é unha empresa con conciencia de empresa galega, e aposta por bandas que teñen gran proxección, como xa demostraron as tres edicións anteriores. Ademais, este acordo con Clubtura, permite levar a música en directo a todos os recunchos de Galicia.”

A cuarta edición de Clube Estrella Galicia comezará o próximo mes de novembro e programará 60 actuacións ata maio de 2020. Serán propostas artísticas nadas en Galicia e que compoñen os seus propios temas, xa que o ciclo non admite bandas de versións.

Clube Estrella Galicia combina artistas dunha longa traxectoria musical que xa contan co favor de público e crítica, como Moon Cresta ou Pardo, con outras propostas que naceron hai pouco, como Allova ou Nítido, e que teñen así a oportunidade de actuar #ante un público novo, lonxe da súa comarca, mellorando a súa proxección. A cuarta edición deste ciclo empezará en Ourense a primeira semana de novembro e desde alí estenderase unha programación ecléctica polas catro provincias.

Os primeiros concertos confirmados de Clube son:

• 8 de novembro. O Barco de Valdeorras (Ourense), Café Teatro Baixo 5: Andhrea & The Black Cats + Airline
• 9 de novembro. Ponteareas (Pontevedra), JJ Copas. The Pretty Shirts + Nítido
• 15 de novembro. Viu (Pontevedra), Acuario de Vigo: Pardo + Sabela King & The HeartBreakers
• 15 de novembro, Laxe (A Coruña), A Xanela: Cora Velasco + Allova
• 21 de decembro, Vigo (Pontevedra), O Contrabaixo: Balea’ s + The Broke
• 11 de xaneiro, Lugo, Clavicémbalo: Conduto Coloquio + Frying Luras
• 01 de febreiro, A Coruña, Mardi Gras: Moon Crista + Frying Luras
• 06 de marzo, Santiago (A Coruña), Moon: Leo Burke + Sleeping Cat

Nunha presentación dun ciclo que pretender enxalzar o talento musical galego, non podía faltar unha mostra do mesmo. A presentación do cuarto Clube Estrella Galicia contou coa actuación Carmela Pequena, acompañada polo baterista Bruno Couceiro e o baixista Ale Cambón. As cancións que compón esta artista permitíronlle actuar en festivais importantes como o Noroeste Estrella Galicia (2018) ou Elas Son Artistas (2019). Ambos forman parte da banda que acompaña na súa xira por España e Latinoamérica ao compostelán Fredi Leis.
Ciclo Clube Estrella Galicia