Ir o contido principal
iniciar sesión

Ourense programa unha tripla cita cunha selección da mellor música lírica galega, medieval e internacional

O programa, explicaron, combina tres estilos diferentes e complementarios coa finalidade de que o público ourensán teña a oportunidade de tomar contacto coa variedade do xénero lírico.

Comezará o día 20 con lírica galega, da man da soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo Amoedo, experto na recuperación de repertorio lírico galego.

Continuará o día 22, con lírica medieval, da man da formación Luz y Norte, formada por Víctor Sordo, tenor, Sara Águeda, arpa histórica e Calia Álvarez, viola de gamba. O programa Veo yo los ojos bellos está formados por tons humanos do barroco español e textos cervantinos.

A última cita, o día 29 será coa lírica internacional máis coñecida, co barítono Josep Ramón Olivé e o pianista Francisco Poyato, que interpretarán composicións de Schubert, Mahler, Strauss ou Tchaikovsy, entre outros autores.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web www.ataquilla.com con prezos entre os 5 e os 8 euros, que pretenden facer este espectáculo accesible a todos os públicos.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e polo Teatro Principal.
Concello de Ourense