A danza contemporánea encherá Ourense de actividades coa cuarta edición do Festival SoloDOS

Esta edición contará con artistas de Galicia, País Vasco, Madrid, Cataluña, Asturias, Valencia, Santander, Zaragoza, Granada, Costa Rica, Ucraína, Chile, Ecuador e Arxentina entre outros. Durante o Festival presentaranse 13 obras de creadores noveles Iberoamericanos.
O 21 e 22 de Novembro pola mañá, máis de 500 nenos e mozos da provincia de Ourense terán un programa exclusivo para eles, compartirán e poderán dialogar cos creadores sobre as súas obras. Eles outorgarán o PREMIO XOVE a unha das 10 obras semifinalistas do certame de creación de dúos e solos. Eles seleccionarán a súa coreografía gañadora, premio que se entregará o día 23 na Final do Certame.
Os días 21 e 22 ás 20.30 horas, terán lugar as Actuacións das dúas Semifinais do Certame. Nestas semifinais se seleccionarán as coreografías que pasarán á final e que actuarán de novo o sábado día 23.
O 23 de Novembro ás 20.30 horas terá lugar a Final do Certame de Creación de Dúos e Solos en Danza Contemporánea onde concursarán as coreografías seleccionadas para a final. A coreografía gañadora será premiada co PREMIO SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019 con Xira Costa Rica. Ademais se entregarán diferentes premios e bolsas entre os artistas participantes. Un dos premios outorgarao o público asistente ao certame, votará para seleccionar a súa coreografía preferida e entregarase o PREMIO DO PÚBLICO. O Certame Internacional de Coreografía Burgos & Nova York PREMIARÁ unha peza para que pase á semifinal de seu Certame en 2020, será o PREMIO Certamen Internacional de Coreografía Burgos - Nova York 2020.
Este mesmo día 23 e antes da entrega de premios poderemos gozar das Actuacións das Compañías Convidadas Victoria P Miranda, Milki Lee e Nacho Cárcaba, gañador da pasada edición co Premio Sólodos En Danza / Ourense / 2018.
Outras actividades do Festival
Mestres distinguidos impartirán clases maxistrais para estudantes de danza e talleres especializados para profesionais e público xeral.
O Festival organiza un Foro profesional, onde estarán presentes proxectos de Danza como Red A Cielo Abierto (Red de Festivales de Calle de España) e Festival Trayectos de Zaragoza.
Concello de Ourense