Afundación presenta 'Cataventos', un novo ciclo de concertos protagonizado por instrumentos de vento

Conformado por frauta, óboe, clarinete, trompa e fagot, o quinteto Zoar Ensemble caracterízase por posuír un estilo propio, a orixinalidade dos seus proxectos, a colaboración con outros artistas e a realización de proxecto pedagóxicos de calidade coa vontade de achegar a súa actividade a todos os públicos. O interese polo repertorio descoñecido, a recuperación do patrimonio musical esquecido e o compromiso coa nova creación levou ao conxunto a explorar máis aló do repertorio tradicional da música para conxuntos de ventos e a incorporar obras de compositores esquecidos, estreas de obras xa escritas pero nunca interpretadas ou gravadas. Ofrecerán o seu recital o xoves 12 de decembro.
Finalmente, pechará este ciclo de concertos o 19 de decembro Hércules Brass, conformado por mozos profesionais de vento metal cunha longa experiencia tocando xuntos, principalmente na Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia e na Joven Orquesta Nacional de España. Nos seus comezos, Hércules Brass foi finalista na 8 th International Jan Koetsier Competition for Brass Quintet, semifinalista na 8 th International Chamber Music Competition e obtivo o primeiro premio no IV Concurso de Vent-Metall Valeriano Machi i Esparza. Na súa curta traxectoria xa actuaron en festivais como o 30 aniversario da JONDE, Festival Spanish Brass Alzira 2013 ou o Festival Ticino Música 2013. Recentemente foron protagonistas dunha das emisións de Música Joven en Radio Clásica da RTVE e recibiron o primeiro premio no eMuse Online Music Competition 2014. Desde agosto de 2014 organizan o seu propio festival, Hércules Brass Celanova.
Afundación