Ir o contido principal
iniciar sesión

Últimos días para contemplar o cometa Neowise ao anoitecer

Á súa esquerda e máis abaixo, sempre en dirección noroeste, localízase facilmente con prismáticos, loxicamente desde lugares sen contaminación lumínica e con polo menos esa zona do horizonte despexada”, explica José Ángel Docobo Durántez, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.

O mellor momento para velo é entre unha hora e hora e media despois da posta do Sol. “A partir do xoves, que é cando vai estar o máis preto posible da Terra, a pouco máis de cen millóns de kilómetros, o cometa irá perdendo brillo ata desaparecer”, continúa Docobo. O seu período orbital en torno ao Sol é de aproximadamente sete mil anos.
Universidade de Santiago de Compostela