Ir o contido principal
iniciar sesión

A Biblioteca Central de Vigo pon en marcha obradoiros de escrita en galego para rapaces de entre 9 e 11 anos

No marco das actividades para escolares que está a desenvolver a Biblioteca Pública Central de Vigo, ubicada na rúa Joaquín Yánez, durante todos os luns e ata o 23 de maio está tendo lugar un obradoiro de escrita en galego, destinado a rapaces de edade comprendida entre os 9 e os 11 anos.

Para participar nesta actividade, fruto da colaboración entre a Biblioteca Central e o Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, é necesario necesario reservar o día no teléfono 986 22 90 74.

Pese a que o obxectivo central do obradoiro radica en fomentar a creatividade sempre en galego, o seu desenvolvimento contempla outros fins, como poden ser lograr o desenvolvimento en liberdade da expresión oral e escrita en galego, impulsar un achegamento ao feito creativo da comunicación humana a través da literatura, desenvolver o hábito lector dos rapaces e rapazas, achegar a visión lúdica e de enriquecemento persoal que ofrece a lectura, promover a literatura infantil e xuvenil galega e en galego, desenvolver procesos de innovación creativa a partir dos principios de orixinalidade e identidade, procurar a través da imaxinación e a fantasía a creación de espazos, tempos ou personaxes propios, así como establecer relacións entre o mundo da creatividade persoal e o mundo simbólico galego e promover a mellora de actitudes e o uso da lingua galega.

Para conquerir estes obxectivos, o obradoiro de escrita creativa quere construír un espazo de traballo lúdico e divertido aprendendo dun xeito lúdico que se pode resumir na frase “aprender gozando ou gozar aprendendo”.

Nas sesións, que comenzarán os luns as 11.00 horas e terán unha duración de hora e media, empregaranse técnicas de traballo en grupo e estratexias de socioafectividadeou de animación á lectura, de forma que no obradoiro se adapte o proceso creativo ás persoas, na busca do desenvolvemento persoal.
Pilar Martínez -Departamento de Cultura