Luis Iglesia será homenaxeado na Semana de Cine de Lugo
Este ano, Fonmiñá vai publicar un libro homenaxe a Luis Iglesia, obra de Manuel Curiel, director da Semana, que fará o número 22 da Biblioteca da Semana de Cine, e o nome do homenaxeado figurará nunha placa no Paseo do Cine de Lugo (Parque de Frigsa), no que xa teñen placa Luis Tosar, Antonio Mourelos, Prudencia Griffell e Carmen Correa. Asimesmo neste paseo se incluirá unha placa que lembre a figura de Frank Braña, o actor que máis veces “morreu” no cine español, e que participou na homenaxe que se lle rendeu na Semana de Cine do ano 2007.A XLIII Semana de Cine de Lugo, que organiza Fonmiñá co apoio da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo, celebrarase na capital lucense do 20 ao 25 do próximo mes de setembro.
Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá

