Ir o contido principal
iniciar sesión

500 Vampiros de toda Galicia tomarán Santiago nun Xogo de Rol

A primeira edición deste xogo de terror gótico, na que participaron cerca de 200 xogadores levou por título LEGADO DE SANGUE, e tivo lugar en Compostela no ano 2003. O éxito acadado entre a xuventude pola novidosa actividade, pioneira deste tipo realizada a tan grande escala e medios, e co apoio decidido das institucións, levou a tomar a decisión de celebrar esta 2º edición, aínda meirande.
O CONCILIO DAS SOMBRAS está organizado pola asociación compostelana Proyecto-13 e o Concello de Santiago, e a colaboración do IGAEM. O xogo desenvolverase de 11 da noite a 4 da madrugada polas rúas e prazas da zona vella e en diversos lugares reservados especialmente para a ocasión como a Sala Capitol, o Teatro Principal ou o Parque de Bonabal. Os participantes veranse involtos na trama durante 5 horas, nas que tentarán resolver o misterio das 9 portas da cidade de Compostela.

Para participar no xogo é necesario ser maior de idade, formar un equipo de 3 a 5 persoas, vir caracterizado de Vampiro e inscribirse do 6 o 23 de abril en diversas librarias especializadas de Santiago, Coruña, Vigo, Ourense ou Pontevedra.
Poderán participar un máximo de 500 xogadores. O precio da inscripción é de 8 euros.


proyecto -13