Ir o contido principal
iniciar sesión

O Instituto Universitario de Estudos Europeos da UDC organiza un foro sobre a invasión de Ucraína con participantes de nove países

A directora do Instituto Universitario de Estudos Europeos, Gabriela Oanta, abrirá o foro ás 11:00 horas para dar paso á primeira mesa de intervencións, coa presentación do libro “Fraternidad europea”, a cargo do seu autor Manuel Blanco Desar e do profesor da UDC José Manuel Sobrino Heredia.

Ás 12:15h. comezará o foro “A fraternidade europea ante a invasión de Ucraína: unha mirada desde as sociedades europeas” coa participación de profesorado, investigadores e alumnado de nove nacionalidades, moderada pola profesora da Universidade de Vigo Belén Sánchez Ramos. Participan:

- Perspectiva desde Alemaña: Christoph Schreinmoser (Universidade da Coruña)

- Perspectiva desde Armenia: Artak Mkrtichyan (Universidade da Coruña)

- Perspectiva desde España: Montserrat Pintado (Universidade de Santiago de Compostela)

- Perspectiva desde Francia: Eva Cazorla (Université de Perpignan Via Domitia)

- Perspectiva desde Italia: Emanuele Motta (Università di Genova)

- Perspectiva desde Rumanía e Moldavia: Gabriela A. Oanta (Universidade da Coruña)

- Perspectiva desde Suíza: Annina Bürgin (Universidade de Vigo)

- Perspectiva desde Ucraína: Maryna Palamarchuk (Instituto Politécnico de Kiev)

Cun debate sobre o tema rematará o evento organizado polo Instituto Universitario de Estudos Europeos “Salvador de Madariaga” da Universidade da Coruña, o Grupo de Investigación “Cuestións Actuais de Dereito Internacional e Europeo” (CADIE) da UDC e a Cátedra Jean Monnet “Dereito da Unión Europea do mar”.

Acceso ao Foro mediante a plataforma Microsoft Teams: https://bit.ly/3i2Ep8J

O Instituto Universitario de Estudos Europeos “Salvador de Madariaga” ten como finalidade favorecer a promoción e o desenvolvemento do coñecemento e da investigación científica sobre os aspectos máis útiles da realidade internacional e europea, así como o ensino dos estudos internacionais e europeos, en particular os relativos á Unión Europea, co obxectivo fundamental de acercar todas estas cuestións á realidade social galega.
Universidade da Coruña