Ir o contido principal
iniciar sesión

Unha mostra aborda na USC as formas tradicionais da cerámica popular

O recente 'Curso de Identificación cerámica arqueolóxica de contextos galegos', realizado neste centro e promovido polo grupo EcoPast, culminou precisamente coa visita a un dos últimos centros oleiros en activo en Bonxe, na vila chairega de Outeiro de Rei.

A exposición, presentada inicialmente na capital luguesa co patrocinio da Deputación de Lugo e Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) , ofrece agora en Compostela exemplos desta artesanía en vías de extinción —da que Pepa Lombao é a última referente— e acompáñaa de carteis divulgativos para favorecer o seu coñecemento. Ademais, inclúe novas propostas cerámicas, xa dende un punto de vista artístico —co traballo do ceramista Lolo de Anseán— co fin de amosar o nexo entre tradición e modernidade con pezas elaboradas na técnica rakú e reinterpretacións actuais de terra sigillata. A mostra pode ser visitada no segundo andar da Facultade de Xeografía e Historia ata marzo de 2023. 
Universidade de Santiago de Compostela (USC)