Ir o contido principal
iniciar sesión

Actuación de Luis Pastor o 22 de abril de 2005 no Bar Liceum

Luis Pastor naceu en Berzocana (Cáceres), o 9 de Xuño de 1952. Chegou a Madrid a principios dos sesenta, á colonia Sandi, no barrio de Vallecas. Dende pequeno quería ser cantante. Aos catorce anos, deixou o colexio e entrou a traballar de botóns nunha compañía de seguros de morte e invalidez permanente. Aos dezaséis anos mercou a súa primeira guitarra. Aos dezasete escoitou un disco de Paco Ibáñez e descubriu a poesía.
No verán de 1970 percorre coa súa guitarra os centros de emigrantes en Alemaña, Francia e Bélxica. A compañía discográfica catalana, Als 4 vents editou as súas primeiras gravacións. En 1975, Luis Pastor firma contrato discográfico coa compañía Movieplay, e saca o seu primeiro LP, co significativo título de FIDELIDAD. Un ano máis tarde, aparece VALLECAS, un disco que se grava cando todavía corrían tempos difíciles.
En 1977, aparece o seu terceiro disco, NACIMOS PARA SER LIBRES, o que significaba todo un éxito para un artista destas características: tres LPs en tres anos.
Logo de catro anos de silencio editou o seu cuarto álbum, AMANECER. Dous anos despois gravaría o quinto, COPLAS DEL CIEGO. En 1985 edita con Fonomusic NADA ES REAL, disco no que empeza a notarse o cambio cara aos modos musicais de cantautor urbano. En 1986 aparece POR LA LUNA DE TU CUERPO e en 1988 edita cunha nova compañía, Poligram, AGUAS ABRIL. Un dos seus álbums máis persoais.
En Agosto de 1991, grava en directo, no Teatro Romano de Mérida, un Lp dobre, DIRECTO, que editará coa casa discográfica, Pasión. O concerto tivo dous invitados de honra: a voz de Pablo Guerrero e a guitarra de Raimundo Amador. Amosando unha grande capacidade de supervivencia, grava o seu décimo álbum en 1994, LA TORRE DE BABEL, recital en directo. En 1995, crea o seu propio selo musical, co nome de Flor de Jara, e edita un novo Cd triple, FLOR DE JARA, que reúne o dobre de Mérida e o directo acústico LA TORRE DE BABEL.
En 1996 edita coa revista El Europeo, un disco-libro co título de DIARIO DE A BORDO, composto de poemas, todos de Luis Pastor, ilustrados con pinturas do tamén extremeño Javier Fernández de Molina. O disco conta con Miguel Ríos, Pedro Guerra, Dulce Pontes e Javier Álvarez. En 1998, edita un novo disco-libro POR EL MAR DE MI MANO, número 11 da colección de El Europeo. De novo Luis Pastor e Javier Fernández de Molina, coas colaboracións de Kepa Junkera, Andreas Prittvitz, Javier Paxariño, João Afonso, ... En maio de 2002, un novo disco libro SOY nº 25 da colección de El Europeo. No disco interveñen: Martirio, os brasileiros Leo Minax e Chico César, e o guineano Bidinte, Bebe, Lourdes Guerra e La Habana Abierta.
No ano 2000, un novo disco, que baixo o título PIEDRA DE SOL, é o primeiro dunha triloxía, mediante a cal, Luis Pastor pretende recuperar as súas vellas cancións.
En Agosto de 2003 roda baixo a dirección de Moncho Armendáriz o documental ESCENARIO MÓVIL premiada no FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SAN SEBASTIÁN. No 2004, saca un novo disco, PÁSALO, gravado e producido por Chico César en Brasil, contando coa colaboración de músicos de grande prestixio internacional.

Paco Quintas (Bar Liceum)