Ir o contido principal
iniciar sesión

Ourense acollerá o 23 Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo

O congreso leva por leva Mantras para a formación, a orientación e inserción laboral na interseccionalidade social, tecnolóxica e persoal e celebrarase os días 23 e 24 de novembro na cidade de Ourense e o día 25 na vila de Celanova, en formato híbrido (presencial e a distancia). As sesións presenciais máis importantes terán lugar nos Centros Culturais José Ángel Valente e Marcos Valcárcel da cidade de Ourense e no Mosteiro de San Salvador de Celanova. As sesións remotas, dedicadas á defensa das comunicacións aceptadas, realizaranse a través da Plataforma Teams. As prazas dispoñibles son 150 presenciais e 100 a distancia.

Ao longo das sesións traballaranse os retos da interseccionalidade social, tecnolóxica e persoal na formación, a orientación e o emprego e discutirase como se están abordando os problemas que a afectan en xeral e de xeito específico. Ademais reflexionarase sobre a necesidade de innovar a súa lóxica e misións neste sentido e prever algunhas liñas de investigación e traballo ante os posibles riscos do seu impacto na empregabilidade e ocupación das persoas no curso da planificación e construción ou reconstrución da carreira profesional en contextos nos que a intelixencia artificial comeza a emerxer como unha realidade que afectará ao autodesenvolvemento ao longo da vida.
Universidade de Vigo