O IGFAE cumpre 25 anos convertido nun centro de referencia internacional na física de altas enerxías

Ademais, o Instituto desenvolverá esta nova e prometedora etapa cunhas instalacións renovadas. O persoal do IGFAE xa traballa actualmente en parte das dependencias da nova sede, cuxas obras estarán acabadas a finais deste 2024. Unha vez completados os traballos, o centro aumentará nun 70% a súa superficie actual, con novos laboratorios experimentais, espazos comúns de traballo e áreas destinadas ás actividades de divulgación.
Programa do 25º aniversario
Nas vindeiras semanas, e ata finais de 2024, o IGFAE desenvolverá un amplo programa de actividades abertas á sociedade, co obxectivo de dar a coñecer o labor científico desenvolvido no centro. Estas accións poñerán especial acento no vínculo entre a ciencia e as artes, na liña do camiño aberto desde hai anos nos IGFAE Labs.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)