Entregados os galardóns da VI Edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato

No primeiro apartado (A) os galardóns recaeron en Sofía Ramos Ponte, do IES Eusebio da Guarda (3º premio); Sofía Carou Barreiro, do IES Plurilingüe Rafael Dieste da Coruña (2º premio); mentres que a gañadora desta categoría foi Verónica Castillo Aguilar, do IES Plurilingüe Rafael Dieste da Coruña.
No segundo apartado, o primeiro premio foi para Valeria Ortiz Arias, do IES Plurilingüe Rafael Dieste da Coruña; mentres que o segundo e terceiro recaeron en Iván Gándara Buján, do CI Eirís da Coruña; e en Lúa Martínez Rodríguez, do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas (Pontevedra), respectivamente.
Para cada unha das categorías establecéronse 3 premios de 300, 200 e 100€, unha colección de libros do catálogo do Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña e un diploma acreditativo. Ademais, os traballos premiados serán incluídos nunha publicación da UDC.
No acto de entrega, o reitor da UDC Ricardo Cao, salientou a importancia da divulgación científica como ferramenta para “combater a desinformación e fomentar un pensamento crítico, de xeito que permita tomar decisións informadas”.
Universidade da Coruña (UDC)