O Campus Terra será punto de encontro das empresas co talento grazas ao Emprega-T Fest

Tal e como destaca Elvira López Mosquera, delegada do reitor para o Campus Terra, as persoas asistentes poderán participar en actividades “que faciliten a súa incorporación ao mundo laboral, interactuando con persoal recrutador de empresas de distintos sectores, asistindo a conferencias e mesas redondas, potenciando as súas competencias e habilidades comunicativas a través dos obradoiros e presentando o seu talento nas entrevistas rápidas coas empresas”.
Por outra banda, as empresas interesadas en participar cun espazo expositivo ou programar entrevistas de traballo con candidaturas de diversos perfís poden solicitalo enviando un mail ao enderezo electrónico empregatfest@usc.gal Para máis información pódese contactar co Equipo Técnico do Campus Terra en campus.terra@usc.gal e nos teléfonos 982822854 e 982822860.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)