A UDC lidera un proxecto europeo enfocado na integración das persoas inmigrantes e con dificultades de aprendizaxe

Esta iniciativa pretende contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural. Está formado, xunto coa UDC, por outras 10 institucións (colexios, asociacións e universidades) de 6 países diferentes: 2nd Gymnasium of Nafpaktos, en Grecia; Agrupamento de Escolas de Monserrate, en Portugal; Asociación de Empresarios Polígono Sabón – Arteixo, España; Eurasia Innovative Society Association, en Turquía; Fthia in Action, Grecia; IES Urbano Lugrís, da Coruña, España; Instituto Borsellino – Ajello, Italia; Liceo delle Scienze Humane Albertina Sanvitale, Italia; PICE. Profesores para la Innovación y la Calidad Educativa, A Coruña, España; e a University of Cyprus, Software Engineering and Internet Technologies Lab, de Chipre.
O obxectivo deste proxecto é ofrecer un “Kit de Benvida” a Europa para inmigrantes, que inclúa:
- materiais de aprendizaxe de linguas para os niveis A1, A2 e B1, segundo o MCRL e nas 6 lenguas de instrución dos socios: español, inglés, portugués, italiano, grego e turco
- un compendio de materiais de aprendizaxe de linguas para aprendices con necesidades educativas especiais
- un curso de desenvolvemento profesional para profesores en activo por medio de entornos virtuais
- un manual para aprendices, familias e profesorado con dificultades para usar ferramentas dixitais
- un curso para docentes e discentes para elaborar un plan de negocios
- unha serie de conferencias deseñadas en entornos reais e virtuais para conocer as institucións europeas
Segundo a profesora Pilar Couto, "todos os socios do consorcio están traballando duramente para elaborar los materiais didácticos e cumprir cos obxectivos plantexados. Hasta o momento xa mantiveron dúas xuntanzas transnacionais en Viana do Castelo (Portugal) e en Parma (Italia) de acordo col calendario establecido. Tamén está prevista unha terceira reunión en Grecia e a última en España, na nosa Universidade, para celebrar o evento multiplicador e o peche do proxecto"
Así, a estratexia, actividades e resultados deste proxecto contribuirán a solucionar o problema dos inmigrantes e estudantes con dificultades de aprendizaxe; e tamén ao profesorado con alumnado inmigrante nas súas clases, e en xeral a calquera alumno interesado en aprender idiomas.
Universidade da Coruña (UDC)