Ir o contido principal
iniciar sesión

O colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción e o Cine Salesianos organizan o preestreo en Vigo de Star Trek Némesis

O estreo da película Star Trek Némesis en Vigo terá lugar o vindeiro 20 de Setembro no Cine Salesianos, situando na rúa Venezuela, 3. Con motivo do estreo en Vigo da nova película de Star Trek, o Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción e o Cine Salesianos organizan un preestreo a véspera, o venres 19 de Setembro. A presentación terá lugar ás 22 h., e a película pasarase ás 22:30 h. O prezo será o habitual no Cine Salesianos, 3 euros.
Star Trek Némesis é unha película dirixida por Stuart Baird, e protagonizada polas personaxes da serie A Seguinte Xeración. A película ten unha duración de 116 minutos e está calificada como No Recomendada a Menores de 7 anos.
Ignacio Agulló (Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción)