Ir o contido principal
iniciar sesión

Excursión Nocturna MotoCross no Concello de Carral

Seguindo a liña de fomento da actividade física e deportiva entre a poboación adulta, que está a desenvolver o Concello de Carral mediante o Servizo Municipal de Deportes, e incluída dentro do Programa Municipal de Promoción Deportiva, este sábado 8 de xullo terá lugar a “I Excursión Nocturna de MotoCross”. Este evento comezará ó redor das 22.00 h dende a Casa de Cultura de Carral, partindo por diversas rutas turísticas municipais que transcorren polos Montes do Xalo, Val de Barcia, ata o complexo turístico dos muíños do Batán. Aquí celebrarase a cea ó redor da 1.30 h da madrugada, partindo despois cara o punto de partida onde está previsto chegar sobre as 4.30 h.


Para este evento, organizado polo Concello de Carral en colaboración co “MotoCross Club Carral”, cóntase xa con máis de 50 participantes inscritos, esperando chegar ós 75 mañá pola tarde. Estes tomarán parte na excursión motos de enduro ou quads, todos eles matriculados, con seguro e coa necesaria iluminación.

Carlos Alberto Fragoso Parga