Ir o contido principal
iniciar sesión

Os nenos e nenas do Campamento Urbano de Cáritas participarán nun pleno no Concello de Lugo.

O día 28 de xullo remata o XI Campamento Urbano de Cáritas, organizado polo Servicio de Atención á Infancia e Xuventude de Cáritas Diocesana de Lugo, no que participaron 50 nenos con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos, acompañados por 15 monitores e unha directora.
 
    Este ano o Centro de Interés do campamento foi "deámoslle a volta ó mundo". Fíxose un percorrido pola cultura dos cinco continentes e analizouse e reflexionouse sobre as situacións dos nenos e nenas do mundo.
 
    Pola mañá do día 28, ás 11.30h, terá lugar un PLENO INFANTIL no Concello, no que os nenos mostarán as conclusións da análise da situación dos nenos no mundo e as propostas para unha posible solución. Ó rematar o pleno cantarase "Los niños queremos la paz" e ergueranse parcartas tamén con este lema: "os nenos e as nenas do mundo queremos paz". A continuación desplazaranse ata A Cova da Terra, para que os nenos vexan a importancia do comercio xusto.
 
    Pola tarde, no Parque da Milagrosa (FRIGSA) terá lugar unha festa multicultural na que se exhibirán os obradoiros realizados (traxes, fotos), ademáis de mostras de grastronomía, bailes e danzas dos cinco continentes. Será entre as 18 e as 20 h., rematando coa entrega da diplomas do campamento.
 
MCS-BISPADO DE LUGO