Ir o contido principal
iniciar sesión

Santiago reúne a preto de 300 deportistas discapacitados de toda Galicia nos Xogos Autonómicos de Atletismo.

As instalación da Servizo Municipal de Deportes de San Lázaro acolleron a presentación deste evento deportivo que organiza Special Olympics Galicia ca colaboración de FADEMGA FEAPS GALICIA e que está promovido pola Asociacións ASPAS de Santiago.


O concellal de Deportes de Santiago, D. Manuel Portas, e os Presidentes de Special Olympics Galicia e da Asociación Aspas, D. Eladio Fernández, e D. Marcelo De la Cruz, respectivamente foron os encargados de presentar estes xogos que se celebrarán mañá sábado 24 de setembro nas instalación de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, no Campus Sur.


Eladio Fernández recalcou a importancia destes xogos que organiza Special Olympics Galicia “xa que a través destas competicións as aptitudes das persoas discapacitadas vanse superando” e tamén falou da importancia da celebración de probas adaptadas para as persoas gravemente afectadas. Fernández Pérez deixou claro que este tipo de actividades “tamén deben ser consideradas deporte xa que os logros que poden acadar as persoas con este tipo de limitacións físicas é o traballo de moitos profesionais durante moito tempo”.


A Secretaria Xeral do Benestar da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, Dna María Jesús Lago, e o concellal de Deportes de Santiago, D. Manuel Portas, serán os encargados de inaugurar estes xogos ás once menos cuarto da mañá do sábado.
Os preto de 300 deportistas chegados de tódolos puntos de Galiza competirán durante toda a xornada nas distintas modalidades de carreiras (velocidade, medio fondo, fondo e relevos) e de concursos (salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de peso) nas distintas categorías e niveis establecidos ata ás sete da tarde, hora prevista da clausura.


Este evento deportivo reunirá a numerosas persoas na xornada do sábado en Santiago, xa que os xogos movilizarán a máis de 400 persoas, entre deportistas (300), adestradores (80), voluntarios (40) e membros da organización.

Santiago de Compostela xa acolleu en anos anteriores outro eventos deportivos organizados por Special Olympics Galicia como foron os Xogos Autonómicos de Atletismo no ano 2001, os de Natación no ano 2002 e máis recentemente os Xogos Autonómicos de Baloncesto no ano 2004.

Cristina Díaz
Departamento de Comunicación
FADEMGA FEAPS GALICIA