Ir o contido principal
iniciar sesión

Aberto ao público o novo Parque de San Roque con 7300 m2 de superficie

O pasado sábado 24 de setembro abriuse ao público o novo Parque de San Roque, situado nas ribeiras do rio Tea, no casco urbano de Ponteareas. Máis de dous centenares de rapaces participaron nas actividades de animación programadas e disfrutaron logo dunha pequena merenda proporcionada pola Comisión de Festas coa colaboración de Eroski.

Numeroso público ten accedido nesta fin de semana ata o devandito Parque que conta con 7.300 M2 de superficie preparada para o disfrute dos veciños de Ponteareas. Coa apertura deste novo espazo verde os cidadáns de Ponteareas poden disfrutar dunha área recreativa situada nun lugar de alto valor paisaxístico e ecolóxico, nas ribeiras do río Tea, incluido na Rede Natura 2000 da Unión Europea.
O goberno municipal de Ponteareas amosa a súa satisfacción pola apertura desta ampla área de recreo e esparcimento público que incrementa de xeito sustancial as zonas verdes de Ponteareas. Amáis por personal municipal en días pasados procedeuse á limpeza das zonas anexas ao Parque e que se espera nun futuro próximo poñer en valor ao servizo dos veciños de Ponteareas.


O Alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, informou que este Parque forma parte dun proxecto máis amplo que supón a construcción dun paseo fluvial que unirá esta zona da Ponte de San Roque coa zona de A Freixa. Este paseo fluvial será adxudicado en breve prazo e suporá un fito para Ponteareas pois posibilitará que Ponteareas poida disfrutar por completo dos valores que posue o río Tea e dotara á nosa vila dunha ampla zona para o esparcemento e o paseo. O Alcalde González Solla informa que a ilusión do goberno municipal sería posteriormente a ampliación deste paseo ata a Ponte das Partidas, recuperando para o disfrute público as ribeiras do rio Tea ao seu paso por Ponteareas.



Este Parque de San Roque se incluie dentro do proxecto denominado “Espazo recicling”, que promove a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, e trátase da construcción dun parque de lecer dotado de diversos equipamentos públicos coa singularidade de convertelo nun lugar onde todos os usuarios poidan aprender a convivir e respetar o medio natural. O investimento realizado dende a Consellería foi de 70.000,00 €.


No Parque de San Roque o Concello realizara, anteriormente, unha primeira intervención que supuxo un investimento de 30.000 Euros, e que implicou a preparación do terreno e de seguido ao abeiro do antes indicado proxecto de “Espazo recicling” foi dotado dun completo equipamento:

- Zona de xogos infantís

- Zona de cespede

- Zona de xogos para maiores con pista de petanca

- Zona de lecer

- Pista de voleibol

- Zona de cans

- Así como mobiliario urbano (bancos, papeleiras, valados, iluminación, etc…)

Amáis no parque van instalados diversos “cubos” informativos sobre procedementos de reciclaxe para información e educación dos usuarios deste novo parque.

Biblioteca e Museo Municipal de Ponteareas