Ir o contido principal
iniciar sesión

A organización da XIII Baixada de Xinzo suspende a proba

A pesares do esforzo económico e humano que supón a realización dunha Baixada deste tipo a organización da XIII Baixada de Carrilanas de Xinzo vese obrigado a suspender a proba debido ás adversas condicións meteorolóxicas que se preven para o vindeiro mércores 12 de outubro.



Tanto o Centro Cultural Xinzo e Asociación Xuvenil Xe acordaron na noite do luns 10 de outubro a suspensión definitiva da XIII Baixada de Xinzo moi a pesares das máis de 30 persoas que integran no dispositivo de seguridade e de cronometraxe da proba.


As razóns de peso para anular a proba son as de non ter as condicións de seguridade mínimas para a Baixada debido ao esvaradizo do firme e a incomodidade do público de estar alomenos 3 horas á choiva. A choiva convértese nun elemento impredicible que bota todo polo chan todo o traballo dun equipo que desfruta facendo e vendo este tipo de competicións.


Nos entrenamentos oficiais do pasado domingo, cunha gran presenza de publico, puidose contemplar durante 3 horas as melloras de tempos que ían tendo os 5 equipos que decidiron probar as súas monturas para a Baixada do día 12. Sobre todo destacou a presenza dun carro, que antigamente fora empregado nos campos de golf e que estaba especialmente preparado para esta competició; esta carrilana estaba formada por 6 integrantes.



Esperamos que coa consolidación da Federación de Deportes de Inercia e o artellamento dun campionato a nivel provincial poidamos potenciar este tipo de probas que destacan pola súa espectacularidade.


Agradecemos a todos os medios de comunicación que se puxeron en contacto con nós e aos que deron a difusión adecuada a este evento.



Sen máis emprazamos aos concursantes, público e medios de comunicación en xeral á 14ª edición que se fará no verán do 2006, que se realizará nun novo e máis espectacular trazado; mantendo a tradcional cita da Baixada do 12 de outubro.



Roberto Leandrez Represas