Ir o contido principal
iniciar sesión

Ribeira acolle por primeira vez uns Xogos Autonómicos de Special Olympics Galicia

As instalacións do Concello de Ribeira acolleron a presentación dos novenos Xogos Autonómicos de Natación que organiza Special Olympics Galicia ca colaboración de FADEMGA FEAPS GALICIA e que está promovido pola asociación local Amicos do Barbanza..
.

O Presidente de Special Olympics, D. Eladio Fernández; acompañado polo alcalde de Ribeira, D. José Luis Torres Colomer; e da Presidenta da asociación Amicos do Barbanza, Dna. María Esther Vidal, foron os encargados de presentar estes Xogos Autonómicos, primeiros que Special Olympics Galicia celebra na cidade de Ribeira.
Os xogos celebraranse o sábado 15 de outubro dende as once menos cuarto da mañá, hora da inauguración a cargo do alcalde de Ribeira, D. José Luis Torres Colomer, ata ás seis e media da tarde, hora da clausura do evento, na Piscina Municipal de Ribeira, no complexo deportivo de A Fieiteira.
.

Os máis de 200 deportistas chegados de tódolos puntos de Galiza competirán durante toda a xornada nas distintas modalidades de probas, adaptadas ós niveis de discapacidade dos deportistas. Haberá probas para os niveis I e II de 25, 50 e 100 metros en tódolos estilos (libres, crol, espalda, mariposa e braza) así como relevos de 4 x 25 estilo libres. Os nadadores que compitan no nivel III disputarán unha proba de 25 metros sen estilo nin flotación, e outra proba de 25 metros con elementos de flotación..

Este evento deportivo reunirá a numerosas persoas na xornada do sábado en Ribeira, xa que os xogos movilizarán a máis de 300 persoas, entre deportistas (226), adestradores (73), voluntarios e membros da organización (35). .
Cristina Díaz
Departamento de Comunicación de FADEMGA FEAPS GALICIA