Ir o contido principal
iniciar sesión

A película Galatasaray-Depor inaugura o X Festival Internacional de Cine Independiente de Ourense

A película con participación galega “Galatasaray-Dépor” (“One day in Europe”), do director alemán Hannes Stöhr inaugura a X edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, o día 12 de novembro no Auditorio Municipal. O filme está producido este ano por Filmanova Invest, en coproducción coa TVG, e pola productora alemana Moneypenny Filmproduktion.

“Galatasaray-Dépor” está ambientada en catro cidades europeas o día no que se disputa a final da Champions League, entre o Galatasaray turco e o Deportivo de A Coruña, en Moscú. A cinta narra catro historias coloristas e desenfadadas sobre uns pintorescos personaxes e os divertidos malentendidos que a comunicación entre culturas diferentes con frecuencia produce.

Conta cun reparto internacional formado por actores turcos, alemáns, rusos e galegos, entre os que se atopan: Miguel de Lira, Luis Tosar, Mónica García, Víctor Mosqueira y Blanca Cendán.

A película é a segunda longametraxe do director Hannes Stöhr. Co seu primeiro filme “Berlín is in Germany”, proyectado na séptima edición do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, na que o director alemán formou parrte do xurado de longametraxes, acadou o premio do público no Festival de Cine de Berlín. Na edición deste ano do certame alemán “Galatasaray-Dépor” foi a única producción española na sección oficial.

O Festival Internacional de Cine Independente de Ourense ten este ano cinco sedes oficiais onde se realizan proxeccións cinematográficas: Auditorio Municipal, Cines Dúplex, Cinebox, Teatro Principal e Centro Cultural da Deputación.
Yolanda Campo (Gabinete de Comunicación Festival de Cine de Ourense)