Ir o contido principal
iniciar sesión

Alumnos e titulados da Escola de Imaxe e Son aprenden as técnicas da fotografía da man do experto alemán Peter Schenider

Ao longo de 20 horas, distribuidas entre os luns e os mércores do mes próximo, o fotógrafo nacido en Frankfurt hai 42 anos, amosará os seus coñecementos sobre a arte de plasmar imaxes a través do obxectivo da súa cámara.

Doce son as prazas dispoñibles para participar neste curso. Sen embargo, os responsables do centro agardan unha demanda maior polo que non se pecha a posibilidade de que se convoque unha nova edición en datas próximas.

Peter Schneider

Titulado en Fotografía de Publicidad, Industria e Retratos, Schneider leva máis de quince anos como fotógrafo de arte e publicitario, traballando como Free-lance para empresas, axencias de publicidade e editoriais, tanto en Alemania como en Galicia, donde reside na actualidade. Ainda que a súa carreira profesional tamén inclue experiencia como profesor de fotografía.

Especialista no branco e negro, no ano 1989 comezou a realizar traballos sobre Galicia. Esas instantáneas da nosa terra formaron parte da exposición “Faros de Galicia” que en 1995 puideron disfrutar os visitantes do Museo Marítimo de Rotterdam (Holanda). Salas e galerías de Polonia, Alemania, Santiago de Compostela e A Coruña amosaron tamén os traballos deste alemán que, despois de sete anos afincado en Malpica, xa domina a nosa lingua.
Fundación TIC