Ir o contido principal
iniciar sesión

O Centro Cultural Xinzo celebra este fin de semana a III Feira de Outono coa exaltación dos froitos de tempada

Os días 11, 12 e 13 de novembro o Centro Cultural Xinzo, a Asociación Xuvenil Xe e o Grupo Ecoloxista ADENCO, organizan as XII Xeiras Micolóxicas de Xinzo.

O venres 11 de novembro ás 20.30 horas haberá unha charla sobre cogumelos. Con Introducción á Micoloxía, Anxo F. Saborido, presidente de Adenco, dará a coñecer ao público asistente o interesante e descoñecido mundo dos fungos.

O sábado 12 de novembro ás 16.00 horas farase unha saída ao monte a recoller cogumelos con expertos en Micoloxía.

O domingo 14 de novembro a dende as 11.00 ata as 22.00 horas haberá unha exposición das setas recollidas o día anterior.
As 20.00 horas coincidindo co magosto haberá un posto de degustación de varias especies de cogumelos preparados de diferentes maneiras.

A festa tradicional do Magosto celebrarase o domingo 13 de novembro a partires das 19.00 horas. É a festa de exaltación dun dos froitos máis aprezados do outono, a castaña, pero tamén é unha festa que une á xente.
Ademais este ano tamén haberá degustación de chourizos ao remate do magosto.

Haberá viño, música tradicional, queimada e por suposto castañas de balde para todos.
Roberto Leandrez Represas