Ir o contido principal
iniciar sesión

Special Olympics Galicia denuncia trato discriminatorio hacia persoas con discapacidade intelectual nunha discoteca de León

Os feitos que se denuncian remítense ó 19 de outubro cando os participantes na segunda quenda dos Campamentos de Terapia Ecuestre que Special Olympics Galicia organiza en colaboración con Obra Social Caixa Galicia en León acuden á Discoteca Glam para desfrutar dun rato de ocio durante a noite.

O grupo estaba integrado por 16 persoas con discapacidade intelectual e os seus monitores, pertencentes ás asociacións PRODEME, de Monforte de Lemos; SANTIAGO APÓSTOL, da Coruña; e ASPADISOL, de Oleiros. Os monitores das asociacións denunciaron que unha vez dentro da discoteca “onde nos atopábamos sós, xa que o local estaba vacío, pedimos consumicións para todo o grupo e puxémonos a bailar” arredor da unha e cuarto da mañá o responsable da discoteca acercouse a eles para dicirlles “que non vía ben que unhas persoas destas características estiveran nun local onde se vendía alcohol e a unhas horas non axeitadas para as súas características”. Os monitores respódenlle que non entenden o que lles quere decir asegurándolle que teñen dereito a tomar o que lles apetece en todo momento e que se lles está convidando a irse que llo diga, nese momento o responsable do local responde que sí, “dínos que nos vaiamos, que el ten un negocio, que non é unha gardería e que a xente non entraba porque nós estabamos alí”. Ante esta situación o grupo decide marchar do local.

Os monitores do grupo acudiron á Oficina Municipal de Información ó Consumidor do Ayuntamiento de León para facer una consulta sobre a situación sufrida e deixar constancia da súa queixa ante o trato discriminatorio recibido.

Os afectados aseguran que “non quixemos chamar á policía porque estaba sendo unha situación moi violenta para os integrantes do grupo, que son persoas adultas e en todo momento eran conscientes do que estaba sucedendo e non cegaban a ocmprender por qué despois de dúas horas no local, tras un comportamento axeitado e de estar desfrutando dunhas consumicións dun xeito habitual nos estaban votando”.

O grupo considera que “moralmente temos todo o dereito do mundo a que se coñeza o que alí pasou e a que este señor se entere da nosa queixa e que a próxima vez que se presente un grupo de persoas con discapacidade no seu local saiba que non se arrugan e que non pode menosprecialos cando a él lle apeteza”.
Departamento de Comunicación de FADEMGA FEAPS GALICIA