Ir o contido principal
iniciar sesión

A Dirección Xeral de Saúde Pública inspecciona os establecementos de tatuaxes e piercings para garantir as súas condicións hixiénico sanitarias

O director xeral de Saúde Pública, Ramón Medina, asegurou no Parlamento de Galicia que o seu departamento ten identificado un total de 51 establecementos autorizados para facer tatuaxes temporais nun censo autonómico, e garantiu que a Consellería de Sanidade realizará, polo menos, unha inspección sanitaria para certificar “a idoneidade das condicións hixiéntico sanitarias das instalacións, dos equipamentos e dos materiais”.

Medina González - Redondo salientou que a Xunta ten que garantir que “os aplicadores destas técnicas teñan unha axeitada formación”. O director xeral de Saúde Pública salientou que xa se ten elaborado un folleto informativo baixo o lema “tatúate seguro” dirixido aos usuarios destes establecementos.

En Galicia, a práctica dos tatuaxes, piercing e micropigmentación está regulada a través do Decreto 13/2004, no que se establece a obrigatoriedade por parte do titular do establecemento de notificar a súa actividade á Delegación Provincial da Consellería de Sanidade. Tamén regula que os profesionais deberán estar en posesión, como mínimo, da titulación do ciclo superior de estética; do diploma ou licenciatura en ciencias da saúde; ou dun curso de formación continuada dun mínimo de 25 horas de duración.

Asimesmo, Ramón Medina lembrou que as entidades interesadas en exercer actividades de formación quedan suxeitas á obtención da previa autorización administrativa que corresponde ao director xeral de Saúde Pública, segundo está regulado na Orde do 22 de xullo de 2004.

Neste contexto, o director xeral de Saúde Pública confirmou que a Delegación Provincial de Ourense, foi informada da prohibición da utilización e retirada do mercado dun producto de henna negra para facer tatuaxes temporais que era distribuido nun establecemento desta provincia.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia